
Tempo, tempo é o que somos e o que non temos. As arrugas que rodean uns ollos marróns, que xa perderon o seu brillo polo paso dos anos, mais aínda conservan ese matiz de desconfianza dourada que fai que ao ser iluminados polo sol, se volvan do color do mel. A frente, tamén chea de arrugas, marcas da experiencia e da sabedoria, e demarcando os beizos unhas grandes arrugas de expesión como deixando ese amplo sonriso entre parénteses. Tempo, miremos onde miremos forma parte de nos, do que somos. A expresión da súa cara deixa adiviñar unha muller sufridora dos designios dun pasado nada próspero e abundante, a delgadez extrema denuncia os largos anos de fame, e as marcas da cara as profundas palizas que recibiría por parte do seu home, que de forma indirecta se convertían na burla da sociedade hacia á muller. Máis tarde chegarían os fillos, moitos máis dos desexados. Os ollos apagados e tristes, contan a historia de quen sentiu boar o tempo de entre as mans, esa figura delgada, chea de recordos e vivencias que escorregan pola memoria, memoria que o tic-tac do reloxo ameaza con esmagar e aglutinar baixo os numerosos volumes de "Recordos que ninguén volverá tocar xamais". Unha das miles de historias que morrerá, e caerá víctima do silencio, a ignorancia e a indiferencia con que o tempo premia aos que non están na galería da alta sociedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario