
Cando vai vento frío sempre me chora o ollo dereito. Polas mañáns me levanto polo lado esquerdo, sempre poño primeiro a lentilla dereita, o meu color favorito é o negro. Encántame a chuvia, e os días grises, os atardeceres vermellos de finales de agosto, e o mar, encantame a soidade , os carballos, os castaños e amieiros, a cor da paisaxe no outono, cando a cor marrón das follas marca unha pausa no compás, un respiro no reloxo biolóxico da terra. Adoro os doces, encántame o chocolate e máis a crema, encántame os pasteis, o roscón de reis, os pasteis de cumpreanos, a torta de mazá, o biscoito. Encántame a música clásica, o rock, e gústame moito o piano, adoro durmir ata tarde os fines de semana, sentir a calor das sábanas, e adoro o silencio, adoro o silencio ao levantarme, ter a sensación de despertar nun mundo creado pola miña imaxinación, no que solo o ruido da realidad pode baixarme do meu trono de irrealidade. Encántame rir, sentir cada parte do meu corpo vibrando baixo as miñas fortes carcaxadas, encantánme os abrazos, e os sorrisos. Amo as caricias e os bicos. Gústanme os libros, e gústame imaxinar. Adoro escribir, inmortalizar os meus sentimentos nun anaco de realidade virtual.
Adoro a tranquilidade, adoro todo aquilo que me permite manter unha certa armonía interior. E por encima de tódalas cousas, por enriba de calquiera banalidade gústasme ti.
:)
ResponderEliminar