
Non quero pecar de irresponsabilidade, nin de esaxerada inocencia.Pero creo que esto xa é demasiado, unha vez máis volve a ser demasiado, demasiada carga para un so corazón, agrietado e desgastado. Unha vez máis a situación escápaseme das mans, incapaz de controlar os meus propios sentimentos, deixoos voar ás toas. Véxome á vontade dunha sensación agobiante, que me oprime o peito, que ferve debaixo da pel, que me impide respirar con calma, que me quita o sono e mesmo as ganas de comer. Mais non é nada bo, nada bo pode ser algo que eu non quero, algo que non poda evitar. Terei que calar coma sempre, para non quedar como un estúpido, porque visto o visto cada vez que abro a miña boca para falar do que me ocorre, o mínimo que levanto son ampoias. Toca calar, e aguantar, como ven sendo de seu dende fai tempo,que máis dará xa, total, un pedazo menos de corazón.
Quen o vai botar de menos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario