Todos tenemos en nuestro interior un poco de oscuridad, mezquindad, crueldad y cinismo que pugna por salir en todo momento. Algunos aprovechan para cebarse con sus más allegados, otros alcanzan sus metas alzándose sobre cualquier otro que las comparta, hay quienes cargan su amargura sobre hombros ajenos y también quienes apuntan con la flecha de su maldad a todo aquel que osa enfrentarse a él. Pero algunos, movidos por algún atisbo de bondad y por la poca educación que podamos haber recibido de esta pútrida y corrupta sociedad, descargamos nuestros pesares en palabras, en ciudades literarias, en mundos ficticios de prosa y verso en los cuales, sólo el ignorante, corre el peligro de perderse.

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Segredo.

Sempre souben que todo remataría nun tráxico final. Puden velo nos teus ollos, nas túas caricias, nas túas mans que sen darse conta, lixan da miña pel o amor que antes lentamente depositaras. Os teus atrevidos beizos mostranse agora distantes e fríos, reticentes, culpables, gardiáns dun perigoso e lacerante segredo. Cada minuto, cada momento de felicidade real converteranse no recordo dunha noxenta e desprezable mentira, cada regalo nun soborno, nunha humillacíon tácita recurrente e irracional.
Sempre houbo unha parte de ti escondida no fondo dun abismo, un atisbo de oscuridade que tarde percibín asomarse.
Desesperanza, desprezo, hipocresía, engano, veleno, mentiras, un baúl de falsos recordos e o que gardabas baixo esa felicidade e desexo desenfrenado nuncao descrubrín ata que dedidiches mostralo nun áxil movemento, nun toque sutil de batuta. Nesta orquesta que é a vida, cada un toca un instrumento, cada un ocupa o seu lugar. Ti para min foches dulce violín e frauta melodiosa, tubra retumbante e base de contrabaixo, solemne piano e exquisita arpa, mais agora que perdín o norte, o sur, o oeste e o este, resultas para min un enigma, unha ecuación matemática sen solución, un descoñecido sen patria nin bandeira, sen rumbo nin lugar. Eres o meu escuro segredo, a miña penitencia, o reflexo das miñas faltas,a imaxe da miña culpa. Rompeches todo o que construiras sen miramentos, e a pesar diso, o teu recordo prevalecerá por enriba de todas as cousas, alén de toda circunstancia, pois a pesar de todo, a nosa historia, foi, é e será a miña mentira preferida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario