
Parece que o levou todo, que non deixou nada neste mundo para min. De nada sirven todas as bágoas e todos os berros. Como un castigo divino, fun condeado a un desterro perpetuo rodeado de puro silencio. Amanecerá entre campos floridos de amapolas, entre tupidas madreselvas e buganvillas. Dorará a miña pel un amarelo sol de mediodía nunha cala de area branca e augas tranquilas para logo ao atardecer, dilucidar unha posta de sol nun acantilado da Costa da Morte. Pero sempre rodeado de silencio, de amargo e puro silencio. Porque o levou todo, porque todo o que me rodea e tan so po e silencio. Siluetas que se moven, coches que corren por autoestradas no que o ser humano se lanza a unha contrareloxo contra o tempo, voces que berran e berran, máis eu so oio un penetrante e profundo silencio. Un soño, unha ilusión, un holograma. Todo aquelo que me alumou a vida era unha mera e pequena ilusión que como a unha pútrida folla de carballo a finales de outono, precipitouse ao vacío para caer soterrada, como todas as demáis, sobre un negro abismo de olvido.. Última vez, última oportunidade, derradeira sonrisa e tamén derradeira bágora, derradeiro berro de silencio brutal, último escalón. Todo remata no mesmo punto onde empezou, alí onde o veneno dun soño imposible se enxendrou morrerá a mente que o creou. Derradiro pensamento, e que casualdiade que acabo de fumarme o último cigarrillo.
-¡PAM!-
O corpo precípitase hacia o chan como unha folla no outono. Como a última folla.
O corpo precípitase hacia o chan como unha folla no outono. Como a última folla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario